Menu

A ultima desfeita no patrimonio natural de Vedra

2 Maio, 2017 - Sen categorizar
A ultima desfeita no patrimonio natural de Vedra

A carón da nave do concello en Xian hai un terreo urbanizable no PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E DOTACIÓNS de Xián.

O Plan Especial describe a parcela “con carballos centenarios dispersos máis unha carballeira centenaria cun alto valor ambiental e ecolóxico que pretende ser a base da recuperación forestal dándolle continuidade ás zonas de paseo e axardinadas -do complexo dotacional-“ . O Plan establece así mesmo, a “recuperación parcial da masa forestal plantando carballos e especies autóctonas”.

Trátase árbores dun valor patrimonial enorme.

Fai uns meses fixéronse actuacións no ámbito Plan Especial, consistentes na TALA A EITO do arborado existente, incluído os CARBALLOS CENTENARIOS; tal e como calquera que pase pola estrada pode apreciar. Esta actuación vai é totalmente contraria ao previsto no Plan Especial. A carballeira é irrecuperable; esa perda patrimonial é irrecuperable.

Ante isto, o Sr. Alcalde garda silencio.

Esiximos o restablecemento patrimonial. A carballeira cortada é irrecuperable e insubstituíble, pero o Concello terá que propoñer o restablecemento do valor patrimonial, incluso mediante modificación do Plan Especial, e que se impute a este a patrimonialización doutra carballeira.

IMG-20170408-WA0010