Menu

Que pasa en Vedra?

23 Xuño, 2017 - Sen categorizar
Que pasa en Vedra?

Desaparece un Cruceiro de 1827 en Santa Cruz, (O Cruceiro de Outeiro), avisamos no pleno de Maio da desaparición, e observamos con estupor que no recente pleno de Xuño, a alcaldía non iniciou trámite nin denuncia algunha que permita localizar a peza arqueolóxica.


Señor Alcalde, natural de Santa Cruz de Rivadulla (VEDRA por se non o recorda), as seguintes son as razóns legais e históricas, polas que a súa deixades, pasividade ou compracencia coa desaparición do cruceiro supón un feito punible legalmente, un atentado á memoria colectiva e ao patrimonio material e inmaterial do noso Concello (do que vostede unicamente é un alcalde mais de entre todos os que xa foron, e dos que serán. Representa unicamente un momento na historia que outros xulgarán)

Os cruceiros son una das mostras mais pre claras do noso patrimonio histórico, artístico, cultural e etnográfico que cómpre conservar. E vostede como alcalde que é de VEDRA, de TODA VEDRA está legalmente obrigado a conservalos. Os cruceiros forman parte do Patrimonio Cultural de Galiza dunha forma expresa xa desde 1963 (Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico -BOE nº 77, de 30.03.1963-) que obriga ós propietarios a non realizar ningunha intervención neles sen autorización oficial, asimila o seu comercio ó das obras de arte e fai recaer nos concellos a responsabilidade de vixialos e conservalos.

Posteriormente, a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza inclúe dentro do Patrimonio “os bens móbeis, inmóbeis e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico” (art. 1º), asumindo a Comunidade Autónoma “a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia” (art. 2º) e lembrando a obriga dos concellos de “protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que se ubiquen no seu termo municipal” (art. 4º). Fai tamén responsables “ós propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia [que] están obrigados a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para asegurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrución ou deterioración” (art. 25). Igualmente, establece que “os bens inventariados … gozarán dunha protección baseada en evitar a súa desaparición, e estarán baixo a responsabilidade dos concellos e da Consellería de Cultura, que haberá de autorizar calquera intervención que lles afecte” (art. 54).


ESPERTEN DUNHA VEZ señores do PP.


En particular Señores que nos gobernan, ese cruceiro tal e como lles dixemos no pleno, é un cruceiro dos denominados “Cruz luctuosa”, e foi erixida en memoria dun veciño seu, que morreu xusto onde estaba situado, e que apareceu devorado polos animais. No seu recordo é que os seus antepasados levantaron o cruceiro.

Entende vostede e toda a xente que o acompaña, que o acirra e que o protexe, que cada vez que permiten a tala dun Souto centenario, ou a desaparición dun monumento tan enraizado á nosa idiosincrasia, están vostedes demolendo o noso patrimonio material e inmaterial?.

Unha última reflexión sobre @s concelleir@s do PP da parroquia de Santa Cruz (VEDRA): a súa apatía, o seu discurso, deixades, e pasividade, énchenos de xenreira e impotencia, esperamos sinceramente que vostedes non tiveran nada que ver na desaparición do citado monumento.

 

lombao_1