Menu

Por que votamos NON á modificación do PXOM

11 Decembro, 2016 - Sen categorizar
Por que votamos NON á modificación do PXOM

O día 29 de Novembro o PP, presentounos unha proposta de modificación do PXOM de Vedra. As Asembleas Abertas e o BNG de Vedra, votamos en contra, pero a proposta de modificación saíu adiante có Voto favorable do PP, e do PSOE.

Esta modificación varía as condicións de desenvolvemento do Polígono industrial, dividíndoo en partes, para que poda realizarse pouco a pouco, evitando desenvolver medio millón de metros cadrados de golpe.

Esta é en definitiva, a historia, de como UNHA BOA IDEA, PODE COMVERTERSE NUNHA CHAPUZA.

  1. Coa modificación, o sistema de depuración municipal queda cernado, o centro do concello queda sen previsión de depuración, e sen depuración posible.
  2. Mentres que o PP leva seis anos facéndolle oídos xordos ás súplicas dos veciños para que mude puntualmente o PXOM, vasta que sexan os empresarios os que soliciten a modificación para realizala.
  3. O concello paga con cartos de todos unha modificación parcial do PXOM, que beneficia a un conglomerado privado (o proxecto fírmao o Arquitecto municipal). Ate fai uns anos a metade do salario do arquitecto municipal, pagábao os propietarios do polígono industrial, o alcalde exonerounos do pago, e agora pagamos tódolos veciños o que será unicamente beneficioso para eles. De feito os veciños somos dobremente estafados, por unha banda eliminan parte do sistema de depuración municipal (que teremos que pagar algún día entre todos), e pola outra, pagámoslles o proxecto de modificación parcial do PXOM. (Imaxinan que teñamos que pagarlle entre todos os planes parciais e de sectorización aos veciños que teñen propiedades en polígonos urbanizables no concello?).

Finalmente, pregúntense, para que queren os propietarios (BBVA incluído) desenvolver o polígono industria: para instalar as súas empresas nel?, ou mais ben para especular cós terreos?. E unha vez que se respondan: é lícito empregar medios públicos para beneficiar a particulares, mentres denegan os mesmos medios para beneficiar á comunidade?