Menu

Por que é tan importante o servizo postal para Vedra e Boqueixón?

10 Marzo, 2017 - Sen categorizar
Por que é tan importante o servizo postal para Vedra e Boqueixón?

A intención de Correos de desprazar os carteiros de Boqueixón e de Vedra a Santiago é unha consecuencia mais do despoboamento que sufrimos. Nembargante o de Correos é un dos servizos públicos mais importantes no rural. É por isto que dúas directivas europeas, lexislación estatal, e regulamentos protexen o servizo Postal no entorno rural.

Ao non estar, a oficina de Vedra, catalogada como Técnica, NON ADMITEN:

Un exemplo: Como pretende Vedra e Boqueixón ter polígonos industriais ou asentar empresas, se para mandar un paquete, un xiro postal ou un buro-fax teñen que desprazarse a Compostela??

Finalmente: Correos presta un servizo de mochilería moi demandado polos peregrinos. Este servizo centralízase nas oficinas técnicas. Para cubrir a demanda dos peregrinos que transitan pola Vía da Prata (en Vedra e Boqueixón acollemos aos peregrinos nos nosos albergues municipais), Correos manda unha furgoneta dende Santiago, ou contrata, durante o verán, persoal específico para este traballo, ( entre Silleda e Santiago non existen oficinas técnicas ). Obviamente presta un servizo mellorable……

Parece lóxico que un servizo de mochilería deficitario tente aos peregrinos a percorrer outras rutas mais transitadas e con mellor acompañamento institucional. Se descoidamos estes servizos, en Vedra desperdiciamos a posibilidade que ofrece o camiño de Santiago para abrir un portal para o turismo.

Dende a Agrupación de Veciños de Boqueixón, as Asembleas abertas de Vedra, e o BNG de Vedra construímos a seguinte moción para dotar de ferramentas aos nosos alcaldes no propósito de evitar a perda deste servizo de interese público primordial.

Agora tócalles a eles completar o traballo.

  rexistro

Pulsa para consultar a Moción pola defensa do servizo Postal en Boqueixón e Vedra.