Menu

Polígono si. Pero non así

23 Marzo, 2017 - Sen categorizar
Polígono si. Pero non así

Este luns , presentamos unha alegación á modificación parcial do PXOM que pretende o PP.

NON É XUSTO, e menos coa especulación como única finalidade.

Os polígonos teñen un alto custo medioambiental. O alto nivel de vertidos que xera a actividade industrial (inda que sexan pre tratados nas empresas) serán depurados na Depuradora de Ribeira, ou sistema equivalente (que de paso tamén depurarán Vedra, Trobe, …etc).

É por iso que a Xunta obrigou a que o polígono de Vedra pagara a depuradora, os colectores e o  reforzo da acometida de auga. (obriga en Vedra e en calquera Concello)

Modificar o PXOM, para que o polígono non pague estas infraestruturas (imprescindibles para o propio polígono), supón que terán que pagarse con cargo á administración (pagaremolo entre todos).

O PP, pode ser debedor dos empresarios, pero non pode poñer ás institucións municipais ao servizo do BBVA e de catro familias de Vedra.

POLÍGONO SI, PERO NON ASÍ

Se queres descargarte a alegación fai click na imaxe

aleg