Menu

O PP tomba a moción para unha contratación mais xusta do persoal laboral

28 Xuño, 2016 - Sen categorizar
O PP tomba a moción para unha contratación mais xusta do persoal laboral

O PP, no último pleno desprezou un traballo multi-disciplinar de moitos meses e de moita xente, de veciños de Vedra e de Boqueixón, de militantes e afines ao BNG, ás Mareas, de militantes e afines ao PSOE, inclusive de xente sensata do PP.

A Moción é unha ferramenta legal, sen custo para o concello, e avalada cun informe xurídico realizado por un gabinete especializado en Protección de Datos e Novas tecnoloxías.

Carlos rexeitou a Moción que pretendía dotar de transparencia os procesos de selección de persoal municipal por tres motivos:

  1. Por que xa teñen acadada a maioría absoluta que pretendían, de maneira que o xogo da anterior lexislatura de mostrarse condescendentes coas nosas iniciativas xa non teñen sentido. Na lexislatura pasada terían aprobada esta iniciativa con total seguridade.
  2. Porque coa maioría absoluta acadada, e ante a incapacidade manifesta para mudar absolutamente nada da dinámica municipal na que nos meteu o PSOE, o PP necesita aproveitarse das miserias da crise, a través do menudeo de pequenas contratacións municipais. Pode tratarse dun sistema ético (por legal), pero moralmente repugnante.
  3. Porque a maioría absoluta do PP en Vedra é importante para o partido, e a actitude do seu alcalde ten implicacións no seu futuro persoal. A moción foi presentada en tres concellos, en Boqueixón, en Touro e en Vedra (outros seguirán o camiño). Touro rexeitou a moción con argumentos tan simplóns como os de Vedra, en Boqueixón inda non tiveron pleno.

O PP presentou unha contra proposta: Eliminar as entrevistas dos procesos de selección municipais (os da Deputación e outros non), O BNG-AA, solicitoulle aprobar ambas mocións, eles rexeitaron a solicitude e tombaron a moción.

Como exemplo do cinismo do PP, ao rexeitar esta moción:

  1. Fixemos entrega dun extracto do pleno do 27 de Marzo do 2008 (cando inda non gobernaba o PP, e eran condescendentes co BNG), nese pleno, o actual alcalde, votou favorablemente unha moción presentada polo BNG “para acadar un acordo municipal ao respecto do acceso ó emprego público no concello de Vedra”. Nela aprobábanse os apartados 1, 2, 3, 4 e 5 da moción que viñan de tombar.
  2. Na mesma sesión plenaria que tombaron a nosa moción, solicitaron o apoio do pleno para crear a base de datos necesaria para un procedemento de control de asistencia dos funcionarios no concello de Vedra (210 € mensuais). Na comisión onde discutimos sobre a moción de contratación, preguntámoslle a Carlos se no concello de Vedra existía absentismo laboral, e contestaron que non, pero que era unha medida de garantía que evitaba os “dimes e diretes” que corrían polo concello. Ben, cando o BNG-A.A defendeu esta moción en comisión, o PP asegurou, que dende que gobernan non existen enchufes nos procesos de contratación, …………………….., a nosa resposta: que a moción constituía un elemento de garantía fronte aos “dimes e diretes” que percorren o concello: O mesmo razoamento que vale para tombar a nosa moción, vale tamén para saciar as ansias de control do funcionariado municipal …. pois que así sexa.

Mais información:

A moción avalouse mediante informe xurídico realizado por Rogelia M. Perez Grela (avogada experta  en DEREITO DE PROTECCION DE DATOS E NOVAS TECNOLOXIAS), á solicitude das agrupacións: Veciñ@s de Boqueixón, e BNG-A.A de Vedra. Dende ambas formacións, agradecemos especialmente o compromiso e implicación de Rogelia neste proxecto.

Se estás interesado en implementar un sistema parecido no teu concello, propoñémoste unha moción modelo, e regalámoste o informe xurídico para xuntar, fala cos concelleiros que coñezas e proponlles que a presenten.

Descargate a nosa Moción:

Descargate o informe xurídico:

Descargate a moción estándart: