Menu

Moción: “Recuperación da xestión pública do servizo de abastecemento de auga”

19 Outubro, 2015 - Sen categorizar
Moción: “Recuperación da xestión pública do servizo de abastecemento de auga”

INDICE:

1.-Análise do estado actual da prestación do servizo

2.-Agora é o momento

3.-Xestión pública; o concello ten capacidade

4.-Proposta BNG-A.A de vedra

 

 Solicitude a acordo:

DESCARGATE A MOCIÓN SOBRE: “Recuperación da xestión pública do servizo de abastecemento de auga”


1.- ANÁLISE DO ESTADO ACTUAL DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

A prestación do servizo de abastecemento de auga está nunha situación anómala. O servizo está a ser prestado a través dunha prorroga á empresa adxudicataria no seu día dun contrato de 4 anos. Esta prórroga, inicialmente prevista de 3 meses, cumpriu agora 3 anos (3 anos de prórroga a un contrato de 4 anos).
A prestación do servizo pola empresa está a resultar excesivamente custosa e gravosa para as arcas municipais. A parte dos importes pagados polos usuarios, os investimentos e gastos pagados polo Concello, súmase agora unha reclamación de contía ao Concello pola adxudicataria por importe de 224.000 €uros.

 

Voltar Indice


2.- AGORA É O MOMENTO

Unha prórroga é unha situación circunstancial temporal, que non se pode perpetuar no tempo; polo que é agora o momento de pór fin a esa situación transitoria e se recupere a xestión pública do servizo.
As condicións en que se adxudicou o servizo conduciron á situación actual na cal o Concello non sabe canto lle custa este, e os orzamentos municipais poden resultar seriamente comprometidos, polo que é imprescindíbel pór fin a esta situación canto antes.

 

Voltar Indice


3.- XESTIÓN PÚBLICA; O CONCELLO TEN CAPACIDADE

O servizo de abastecemento no caso de Vedra é o máis doado de prestar: non precisa de potabilización da auga nin almacenamento nin controis de calidade (abastecémonos de auga potabilizada e almacenada por Boqueixón e Compostela).
A prestación do servizo consiste na execución das acometidas solicitadas (onde a rede de abastecemento o permita), lectura de contadores e facturación. As reparacións e mantemento na rede son practicamente inexistentes.
O concello de Vedra cos recursos técnicos e humanos que dispón pode facer a prestación deste servizo sen ningún tipo de dificultade engadida.
A xestión privada deste servizo resultou ser cara e gravosa.

A instalación das acometidas é tecnicamente sinxela, podendo ser efectuada por traballadores da brigada de obras municipal formados para esta tarefa.

Voltar Indice


4.- PROPOSTA DO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE VEDRA

Para o BNG-Asembleas Abertas a solución posíbel, viábel e vantaxosa economicamente, á problemática da xestión do abastecemento de auga é unha e única: a xestión do servizo polo propio Concello.

A programación para a execución desta proposta é a seguinte:

  1. Comunicar e publicar a fin da prestación do servizo de abastecemento de auga pola empresa Viaqua para o 31 de decembro de 2015.
  2. Formar a un/unha traballador/a do Concello para que a tempo parcial se ocupe da facturación do servizo aos beneficiarios.
  3. Dotarse dun equipo para a toma de datos de contadores.
  4. Formar a un/unha traballador/a do Concello para que a tempo parcial faga as lecturas dos contadores.
  5. Ofertar aos traballadores e traballadoras da brigada de obras municipal a formación precisa para ocupárense da execución das acometidas e mantemento das instalacións: entre as persoas interesadas ofertarase un curso para que acaden a cualificación, así como o recoñecemento salarial e de nível preciso.

 

Voltar Indice


É por iso que o BNG-Asembleas Abertas solicita o apoio do Pleno para acadar o seguinte

ACORDO:

  1. A fin da prestación do servizo de abastecemento de auga pola empresa que o fai actualmente para o 31 de decembro de 2015.

  2. O servizo de abastecemento de auga sexa prestado integramente por medios propios municipais dende o día 1 de xaneiro de 2016.

  3. Publicar a aprobación da recuperación da xestión pública do servizo de abastecemento de auga no medios públicos e no boletín municipal.