Menu

Moción para ADECUAR O IBI Á DEVALUACIÓN DO MERCADO

12 Novembro, 2015 - Sen categorizar
Moción para ADECUAR O IBI Á DEVALUACIÓN DO MERCADO

Moción para que se ADAPTE O VALOR CATASTRAL Á DEVALUACIÓN DO MERCADO producida nos últimos cinco anos e SE MODIFIQUE A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES PARA ACADAR UNHA FISCALIDADE MÁIS SOCIAL

INDICE:
1.- A VALORACIÓN CATASTRAL VIXENTE
2.- VALORACIÓN CATASTRAL INXUSTAMENTE GRAVOSA: CONSECUENCIAS
3.- O CONCELLO PODE REVERTER A SITUACIÓN XERADA
4.- O IMPOSTO DE BENS INMOBLES
5.- A PROPOSTA DO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE VEDRA
ACORDO


1.- A VALORACIÓN CATASTRAL VIXENTE

En poucos días remata o procedemento de REGULARIZACIÓN CATASTRAL que comezou en xuño de 2014 e que a está afectar aos inmobles urbanos do termo municipal alterando o seu valor á alza con carácter xeral. Esta regularización estase a efectuar con valores desaxustados á alza, que corresponden ao ano 2010.

A realidade actual é que todos os indicadores económicos coinciden en que o prezo da vivenda, das edificacións e do solo urbano baixou nos últimos anos, e en concreto tamén dende o ano 2010 até o actual 2015. Nisto tamén concorda a Consellería de Facenda, que dende o ano 2010 vén publicando Ordes anuais que corrixen á baixa os valores resultantes do método de cálculo para a liquidación do Imposto de Transmisións, Sucesións ou Doazóns.

Os valores catastrais resultantes da actual regularización en Vedra non concordan coa dinámica de prezos de mercado, adoptando valores pasados máis elevados do que son actualmente. Así mesmo, pódense constatar casos nos que a actual regularización catastral podería incumprir a Lei do Catastro; por resultar o valor Catastral superior ao 50% do valor de mercado do inmoble.

Voltar Indice



2.- VALORACIÓN CATASTRAL INXUSTAMENTE GRAVOSA: CONSECUENCIAS

O VALOR CATASTRAL é o valor de referencia para a liquidación de moitos impostos (IBI, IIVTU, IRPF), pero agora tamén se está tendo en conta pola Administración para a concesión de BOLSAS e AXUDAS A ESTUDANTES e para a asignación do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR a DEPENDENTES.

Moitas/os estudantes poden perder as súas bolsas e axudas como consecuencia desta Regularización Catastral, e a moitas persoas dependentes aumentaralle o copagamento do SAF ou perderan parte da asignación.

A regularización catastral que remata, a parte de poder ser irregular en moitos casos, penaliza grave e inxustamente a moitas familias.

Voltar Indice



3.- O CONCELLO PODE REVERTER A SITUACIÓN XERADA

O Concello de Vedra, pode solicitar á Dirección Xeral do Catastro que inicie un procedemento de Revisión Catastral, para que revise os valores vixentes que datan do ano 2010 e deben ser corrixidos á baixa en concordancia coa dinámica do mercado.

Voltar Indice



4.- O IMPOSTO DE BENS INMOBLES

O Imposto de Bens Inmobles en Vedra regúlase por unha Ordenanza Fiscal aplicada dende o 1 de xaneiro de 2006, que precisa de modificación e adaptación á realidade social actual. Estas modificacións a criterio do BNG-Asembleas Abertas de Vedra buscarán:

Voltar Indice



5.- A PROPOSTA DO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE VEDRA

O BNG-Asembleas Abertas propón, no que respecta ao VALOR CATASTRAL dos inmobles urbanos: que o Concello de Vedra solicite á Dirección Xeral do Catastro que adapte os valores (que están calculados sobre o referente do ano 2010) á perda de valor do mercado inmobiliario na actualidade. Mentres non sexa efectiva esta adaptación, se suspenda a entrada en vigor da Regularización practicada.

No que respecta ao IMPOSTO DE BENS INMOBLES o BNG-Asembleas abertas propón que se modifique/complemente o artigo 14.- bonificacións da Ordenanza Fiscal que o regula, engadindo ao mesmo as seguintes:

7.- Bonificación na vivenda habitual por nacemento, adopción, ou novo asentamento de familia nos 5 primeiros anos de vida, por cada filla/o:

8.- Bonificación na vivenda habitual por persoa dependente no núcleo familiar:

9.- Bonificación na vivenda habitual a familias con todos os seus membros en situación de desemprego e sen cobrar prestación nos últimos 12 meses, con fillas/os menores ou estudantes.

10.- Bonificación na vivenda habitual a familias monoparentais: bonificación por filla/o menor de idade ou estudante:

11.- Bonificación do 20% no IBI da vivenda habitual cando esta non dispoña de posibilidade de abastecemento de auga da rede pública ou de saneamento.

12.- Bonificación do 100% do IBI nas leiras rústicas destinadas á produción ecolóxica (ou acredite produción sustentable), en explotación polo propietario ou deixadas en arrendamento para tal fin.

13.- Bonificación do 100% do IBI durante os primeiros 5 anos de implantación dunha nova actividade agraria, gandeira ou forestal, nos inmobles rústicos e urbanos vinculados á mesma.

14.- Bonificación do 100% do IBI aos propietarios que arrenden as terras e/ou edificacións para a implantación dunha nova actividade agraria, durante os primeiros 5 anos sobre os bens arrendados.

15.- Que as bonificacións anteriores, excepto a nº11 sexan acumulables e tamén coas nº 2 e nº 3 da Ordenanza que se modifica.

Voltar Indice


………………………………………………………………………………………………………………..

É por iso que o BNG-Asembleas Abertas solicita o apoio do Pleno para acadar o seguinte ACORDO:

  1. Que o Concello solicite á Dirección Xeral do Catastro que adapte os valores (que están calculados sobre o referente do ano 2010) á perda de valor do mercado inmobiliario na actualidade. Mentres non sexa efectiva esta adaptación, se suspenda a entrada en vigor da Regularización practicada.
  2. Modificar/complementar o artigo 14.- bonificacións da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto de Bens Inmobles, engadindo ao mesmo os seguintes puntos:

7.- Bonificación por nacemento, adopción, ou novo asentamento de familia nos 5 primeiros anos de vida, por cada filla/o:

8.- Bonificación por persoa dependente no núcleo familiar:

9.- Bonificación a familias con todos os seus membros en situación de desemprego e sen cobrar prestación nos últimos 12 meses, con fillas/os menores ou estudantes.

10.- Bonificación a familias monoparentais: bonificación por filla/o menor de idade ou estudante:

11.- Bonificación do 20% no IBI da vivenda habitual cando esta non dispoña de posibilidade de abastecemento de auga da rede pública ou de saneamento.

12.- Bonificación do 100% do IBI nas leiras rústicas destinadas á produción ecolóxica (ou acredite produción sustentable), en explotación polo propietario ou deixadas en arrendamento para tal fin.

13.- Bonificación do 100% do IBI durante os primeiros 5 anos de implantación dunha nova actividade agraria, gandeira ou forestal, nos inmobles rústicos e urbanos vinculados á mesma.

14.- Bonificación do 100% do IBI aos propietarios que arrenden as terras e/ou edificacións para a implantación dunha nova actividade agraria, durante os primeiros 5 anos sobre os bens arrendados.

15.- Que as bonificacións anteriores, excepto a nº11 sexan acumulables e tamén coas nº 2 e nº 3 da Ordenanza que se modifica.

Voltar Indice