Menu

Moción para a humanización dos tránsitos Rodoviarios nos núcleos urbanos de Vedra

30 Outubro, 2017 - Sen categorizar
Moción para a humanización dos tránsitos Rodoviarios nos núcleos urbanos de Vedra

Aprobada por unanimidade a moción para unha correcta regulación do tránsito de vehículos en calzadas propiedade municipal, e da Deputación.

No concello existen áreas con forte conflitividade entre peóns e vehículos motorizados. Ben sexa por unha inadecuada sinalización, ou ben por unha forte densidade peonil (pola proximidade de espazos especialmente concorridos) Estas áreas concéntranse case todas elas en vías propiedade da Deputación que cruzan os espazos urbanos do concello.

Analizando as posibles solucións, cando pola peculiaridade do trazado ou ben polo uso e costume adquirido, as regulacións de velocidades non son respectadas, pensamos que a mellor solución é situar na calzada obstáculos redutores da velocidade.

Os obstáculos na calzada penalizan a circulación ordinaria e aumentan os tempos de viaxe dos vehículos en tránsito dotando ás travesías de maiores niveis de seguridade. Trátase, en calquera caso, de facer cumprir de maneira estrita as normas de tráfico en relación coa velocidade máxima establecida neste tipo de vías co obxectivo expreso de evitar os atropelos

Dado que historicamente a deputación négase a colocar barreiras de velocidade (bandas sonoras, Lombos de Asno, ou pasos peonís sobreelevados), con esta moción solicitamos que a propiedade destes tramos pase a ser de carácter municipal, e posto que a deputación cesará no mantemento dos mesmos, solicitamos tamén, que realice as obras necesarias para regular a velocidade dos vehículos mediante limitadores de velocidade e a sinalética adecuada, previa cesión da propiedade.

Algún dos puntos conflitivos analizados na moción:

Na Parroquia de Vedra, nos tres accesos ao núcleo Urbano:

1_vedra

Neste espazo, especialmente conflitivo, non existe sinalización nin sistema de redución da velocidade, facendo da visita a farmacia, ou da recollida dos nosos fillos en algunha das actividades que se desenvolven nas proximidades, un exercicio de risco.

Na Parroquia de San Xian:

2_sxian

O Acceso ao núcleo de San Xulián concentra a igrexa, o Cemiterio, a Sociedade Agrícola Unión e Progreso, e o Campo da festa. Non existindo sinalización nin redutores de velocidade.

Analizaronse tamén a Parroquia de San Fins, (onde o tramo é propiedade do concello):

3_sfins

Inda que non é, en puridade, unha travesía por non ser un núcleo urbano, si que sería unha das zonas asimilables a núcleo urbano. A vía pasa polo campo da festa e a escola unitaria. Engádese un taller e un restaurante nun espazo de douscentos metros. Existe na actualidade reguladores de velocidade ( barreiras rugosas que parece, non son suficientes para unha correta regulación), e sinalización adecuada.

Queres revisar a moción?

moc