Menu

Moción conxunta Veciñ@s de Boqueixón, e BNG-A.A de Vedra sobre o acceso ao emprego público municipal.

27 Maio, 2016 - Sen categorizar
Moción conxunta Veciñ@s de Boqueixón, e BNG-A.A de Vedra sobre o acceso ao emprego público municipal.

3_def      1_def

As agrupacións de Veciñ@s de Boqueixón, e o BNG-A.A de Vedra, vimos de presentar unha moción para intentar dignificar os procesos de selección de persoal municipal. A idea é evitar, no posible, que  a entrevista persoal sexa o elemento determinante á hora de acadar a praza, e centrar o proceso na valía técnica do opositor.

Os concellos están inzados de traballadores contratados cuxo proceso de selección realízase mediante un currículo e unha entrevista persoal, que teoricamente permite validar os coñecementos que o futuro traballador expón

De esta entrevista nunca queda rexistro, de maneira que é imposible calquera reclamación. A consecuencia é que existe unha tendencia natural nos equipos de goberno municipais para utilizar estes procesos ao seu favor, de maneira que amigos, familiares, ou débedas electorais sexan pagadas con postos de traballo. Postos de traballo que periodicamente terminan consolidándose e pasando a constituírse en funcionarios de carreira.

Este sistema crea un tecido de dependencias nos municipios (fundamentalmente de menos de dez mil habitantes) que fan dos procesos de contratación municipal, focos de tensións e corruptelas, e impiden que os traballadores municipais sexan, por definición, os mellores dos que se presentaron ao proceso de selección, substituíndo o mérito técnico polo mérito social, sen contar có mais obvio: mingua a calidade do servizo prestado.

Propoñemos pois, un sistema de garantías que permita exercer o dereito de reclamación e revisión das probas orais realizadas a través das entrevistas, e que permita da mesma maneira a revisión comparada entre os que se presenten ás probas de selección. De maneira que incluso sirvan como testemuña en caso dunha reclamación por vía xudicial, amparando legalmente ao concello, e posibilitando o exercicio dos dereitos dos examinados. O sistema proposto é mediante a creación, de acordo coa LOPD, dun rexistro de gravacións audiovisuais das entrevistas persoais. A parte propoñemos unha serie de medidas alternativas para garantir procesos de selección limpos e xustos.

A moción avalouse mediante informe xurídico realizado por Rogelia M. Perez Grela (avogada experta  en DEREITO DE PROTECCION DE DATOS E NOVAS TECNOLOXIAS), á solicitude das agrupacións: Veciñ@s de Boqueixón, e BNG-A.A de Vedra. Dende ambas formacións, agradecemos especialmente o compromiso e implicación de Rogelia neste proxecto.

Se estás interesado en implementar un sistema parecido no teu concello, propoñémoste unha moción modelo, e regalámoste o informe xurídico para xuntar, fala cos concelleiros que coñezas e proponlles que a presenten.

Descargate a nosa Moción:

Descargate o informe xurídico:

Descargate a moción estándart: