Menu

En Vedra, xa traballamos no Plan director do Uso da Bicicleta.

20 Outubro, 2016 - Sen categorizar
En Vedra, xa traballamos no Plan director do Uso da Bicicleta.

Este Outubro, o BNG A-Abertas presentou unha moción para a creación dun Plan Director da Bicicleta.

A moción foi aprobada por unanimidade.

O Plan Director da Bicicleta de Vedra, busca  dinamizar o uso da bicicleta no concello, aportando solucións que permitan su uso seguro tanto en tempo de lecer, como nos adestramentos que as diferentes agrupacións deportivas e afeccionados realizan nas vías do Municipio.

121

O Plan Director da Bicicleta en Vedra, construiráse nunha Mesa de traballo conxunta entre o Concello, o Arquitecto Municipal, (ou no seu defecto un técnico do departamento de Urbanismo), os grupos políticos con representación no pleno e asociacións ou clubs do sector que se queiran unir, e recollerá aspectos como:

…… E como se asesorará a Mesa de traballo para realizar un Plan Director acorde coa legalidade, e útil?. Na mesma moción aprobouse a asociación á Rede de Cidades pola Bicileta (BCxB), que manten un convenio de colaboración entre os seus socios e a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).

Finalmente, Non existe planificación sen Control e Avaliación de resultados, de maneira que a moción inclúe, que a mesa de traballo encargada de Construír o Plan Director, sexa quen avalíe e orzamente anualmente as actuacións que del se deriven, ………., e o concello estará obrigado a executar o citado orzamento, na medida das súas posibilidades.

Queres saber en que consiste unha “ruta Segura para Ciclistas”?

Enlace ao texto íntegro da Moción?

Axúdanos a construír o Plan Director da Bicicleta de Vedra, se tes unha  boa idea, ou pensas que a túa axuda é útil, participa na mesa de traballo, ou transmítelle a túa aportación a algunha das asociacións ou grupo político participante