Menu

En vedra temos o primeiro viveiro de empresas dixital :)

4 Febreiro, 2019 - Sen categorizar
En vedra temos o primeiro viveiro de empresas dixital :)

No pleno de Xaneiro presentamos unha moción para construir un viveiro de empresas dixital.

Será o primeiro na comarca, e probablemente o primeiro municipal do pais.

A moción foi aprobada por unanimidade, e constitúe un nha valiosísima ferramenta para que os emprendedores de Vedra, podan crear tendas online de maneira gratuíta, sobre un hosting municipal, e para que o concello de maneira igualmente gratuita, forme, informe e acompañe na implantación desta opción empresarial a quen o precise.

O reto dixital afecta a todo o tecido produtivo. Pero os factores que limitan este proceso magnifícanse nas microempresas polo custo do acceso, a desconfianza, a escasa cualificación dos traballadores, as barreiras comerciais ou a dificultade de acceso ao financiamento. Ademais, percíbese un descoñecemento do seu alcance e unha resistencia ao cambio.

Ao anterior, súmaselle que en Vedra, algo tan sinxelo como unha conexión a internet de calidade, supón un luxo.
Para moitos veciños e emprendedores, este luxo está vedado.

É por iso, que a presente moción pretende Romper esta Brecha Dixital, a través do espazo de Coworkin Municipal de Santa Cruz, (teoricamente con acceso á banda ancha de calidade), independentemente de cal fora a xénese do mesmo.

Se queres ler a moción con calma…… .

Moción para romper a brecha dixital do colectivo Vedrés de emprendedores