Menu

Asfalto para todos, menos para as parroquias con menor porcentaxe de voto ao PP

23 Febreiro, 2017 - Sen categorizar
Asfalto para todos, menos para as parroquias con menor porcentaxe de voto ao PP

Levamos seis anos reclamandolle ao PP unha planificación viaria, onde prioricen viais e se audite toda a rede municipal. Unha boa planificación viaria evitaría o xogo clientelar construído ao redor dunha necesidade básica, como é o mantemento viario.

A sorpresa chega cando analizamos ás parroquias nas que planifican o asfaltado: en palabras do alcalde: todas menos Vedra, Vilanova e Sampedro.

Cales son as parroquias con menor proporción de votos ao PP?.

Vedra, San Pedro e Vilanova.

 

2

(datos sacados do Blogue “Vedra entre Follas Reviradas”)

Non sabemos se é casualidade, se traizonoulles o subconsciente ou se é premeditado. Estamos aburridos, aburridísimos desta xestión mediocre e simplista.

(votamos en contra)

…. unha curiosidade, a única parroquia na que o alcalde baixa a porcentaxe de votos …… é na súa propia 😉