Menu

No concello Aprobamos a creación dun Plan de Enerxía Sustentable para Vedra

2 Decembro, 2016 - Sen categorizar
No concello Aprobamos a creación dun Plan de Enerxía Sustentable para Vedra

O BNG-A.A presentou unha moción para a creación dun PAES (Plan de Enerxía Sustentable) para Vedra, que foi aprobada por unanimidade.

Para financiar o PAES, a xunta abrirá nas próximas datas unha liña de axudas, que permitirá realizar o proxecto definitivo (PAES de Vedra). Para acceder estas axudas, o concello deberá presentar unha planificación básica.

O proxecto dá acceso ao financiamento das obras que recolla, a través do PO FEDER 2016.

A moción inclúe:

  1. Crear unha Mesa de traballo do PAES Vedra onde estean representados todos os grupos políticos que participan no pleno, o arquitecto municipal, así como os asesores e técnicos necesarios para planificar todo o proceso, e permitir crear o documento base antes da segunda quincena de Decembro.
  2. Aprobar a realización dunha auditoría enerxética (peza fundamental para optar ao financiamento do proxecto técnico), a través do Master de enerxías renovables da facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela (ou técnico competente).
  3. Dotar á Mesa de traballo PAES Vedra con capacidade de toma de decisións, activa e con reunións periódicas (mensuais ou bimensuais) durante a duración do proxecto.

A proposta de PAES das Asembleas Abertas e do BNG de Vedra realizouse en colaboración coa Facultade de Físicas, da USC, e presentámosvola de seguido.

Agora é tempo de soñar

Se queres revisar a moción pulsa:

Moción PAES Vedra