Menu

APROBADA MOCIÓN DO BNG-AA PARA APLICAR BONIFICACIÓNS SOCIALMENTE MÁIS XUSTAS NO IBI

5 Xuño, 2016 - Sen categorizar
APROBADA MOCIÓN DO BNG-AA PARA APLICAR BONIFICACIÓNS SOCIALMENTE MÁIS XUSTAS NO IBI

O Pleno de Vedra do día 30 de maio aprobou a moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas para reestruturar o Imposto sobre Bens Inmobles incorporando un paquete de medidas – vía bonificacións – para acadar unha fiscalidade máis xusta socialmente; tamén inclúe a solicitude de revisión dos valores catastrais, incrementados – contra a evolución do mercado – no último proceso de regularización.

Para nós, o acordo acadado é insatisfactorio, pero foi o único posibilitado pola maioría absoluta do PP. Na proposta inicial presentada, pediamos modificar a Ordenanza Fiscal Reguladora do IBI (de competencia municipal), no relativo ao artigo de Bonificacións, de xeito que estas fosen xa efectivas. O grupo do goberno (PP) estivo de acordo coas medidas recollidas na moción, máis só prestou acordo para que estas sexan solicitadas ao ministerio de Facenda, antes de modificar a Ordenanza.

O grupo de goberno (PP) en maioría absoluta tamén presentara unha moción para rebaixar o tipo impositivo do IBI; proposta que retirou na Comisión Informativa previa ao Pleno. Na nosa opinión, o feito de que o PP non vote sequera a favor das súas propias propostas é a demostración dun goberno de propaganda: no seu día presentou unha moción buscando un titular de prensa – propaganda de redución de impostos – que agora bate coa realidade retirándoa.

Podes consultar a moción qui:

dfhd