Menu

A Nosa Historia

A 1ª representación institucional chegou nas municipais de 1987, cando entrou Mariano Lema como concelleiro, con só 25 anos.

Foi concelleiro do BNG durante 14 anos, 12 na oposición, e 2 gobernando: no ano 2001, formando cogoberno co PSOE, e ostentando a responsabilidade de concelleiro de cultura e deportes, dimite  e é substituído por Manuel Alvela Fernández (Nande); Gustavo, foi concelleiro con Mariano entre 1991-95, Nande foi concelleiro de 2001 a 2005. Fina entre 2006 e 2011; e Fou dende 2011.

 Por períodos de mandato:

Foron responsábeis locais das sucesivas asembleas locais: os primeiros anos, Otilia Otero, Fina Guitián, Anxo Rei, Abelardo Rendo, Pura Castelao, e novamente Otilia Otero.

Mariano Lema foi Deputado provincial nos anos 90, de aquelas asembleas dos anos 80 quedan Otilia, Abelardo e Nande.

O BNG nacera formado por xente nova, e acusou, ademais de outros desgastes, a perda de moitos militantes polo feito de ter marchado do concello.

O primeiro en plantexar moitas das cousas que hoxe son habituais en Vedra foi o BNG: o primeiro en pedir un bono bus, en falar de Escola infantil, de conciliación, de atención aos maiores, de asistencia social e actividades extraescolares.

En só 4 anos gobernando nunha parcela considerada en política como residual, cultura e deporte, 1991-95 empezaron a funcionar  varias cousas  :

Tamén medidas de hixiene e transparencia democrática se deberon a propostas do BNG que sempre foron nos programas, e que se sacaron adiante estes últimos anos  sen maioría absoluta. Pero propostas que non son de xestión, senón de apertura democrática, transparencia, recoñecementos institucionais:

 

grafico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *